Archivo de la categoría: Lingua Galega

Redacción de lingua galega_Concurso Museo Liste

El enlace a las bases del concurso es el siguiente:

Museo Liste

 

Anuncios

Canción letras galegas_QUEREMOS GALEGO

1385455338FOTO_PABLO_DÍAZ.jpg

Pablo Díaz, acompañado dos seus músicos, leva moitos anos presentando as súas propostas musicais por toda Galicia, e alí onde vai, enche os auditorios. Algunhas das súas cancións son xa himnos para moita rapazada que descubre que os animais falan, que as estrelas cantan, e que todo, todo, está cheo de música e felicidade.

Tictactoc.jpg

Esta é a sinxela letra:

Queremos galego na terra e no ceo
queremos galego na beira do mar
queremos galego na terra e no ceo
queremos galego xa.
O galego dos avós
ten que nos chegar a nós
se o coidamos e o falamos
ha durar outros mil anos.
Queremos galego na terra e no ceo
queremos galego na beira do mar
queremos galego na terra e no ceo
queremos galego xa.
Máis galego, máis queremos,
canto máis o coñecemos,
ti se falas a nosa fala,
a nosa fala nunca cala.
Queremos galego na terra e no ceo
queremos galego na beira do mar
queremos galego na terra e no ceo
queremos galego xa (x 3)

Por Rosalía

Como non podemos esquecer a figura sempre presente de Rosalía de Castro na nosa historia, paréceme que non podemos pasar a primaria sen coñecer e cantar algúns dos poemas máis importantes da nosa literatura escritos por ela.

Comezaremos por Adios ríos, adios fontes…que a mín, cada vez que a escoito, póñenseme os pelos de punta.

Sin título.jpeg

Deixo para aquel que queira puntuación extra na avaliación a seguinte pregunta:

Saberías explicarnos en que momento da súa vida, e en que momento da historia de Galiza e España, Rosalía escribiu este gran canto a nosa Terra?

2º Traballo trimestral galego

O primeiro traballo trimestral está baseado no apuntamento do libro de texto da páxina 61 que nos fala sobre OS CANTOS DO LABOR, cantos que marcaban un rítmo nos movementos do traballo como podían ser fíar, mazar o leite, muiñadas, etc.

O traballo consistirá en:

  1. Buscar información sobre os cantos do labor: que son, tipos, os máis comúns, en que zonas eran máis habituais,… (o que se vos ocorra como información xeral).
  2. Escoller un dos tipos e profundizar un pouco máis sobre eles, poñendo exemplos, autores, épocas, etc.
  3. Escoller un canto en particular e analizar o que di, sacando conclusións.
  4. Interpretalo en clase ou en casa (gravarase e porase na aula). Se ten música esta pode estar como acompañamento ou ben pódese interpretar por un lado a música e por outro o texto, incluso pódese buscar un compañeiro que me acompañe coa música mentres eu canto.

No traballo valorarse:

  • Que conteña todos os puntos anteriormente indicados.
  • A información que se da e as fontes empregadas (debe incluirse en cada apartado as páxinas consultadas. lembra que contrastar información en máis dunha páxina ou libro é o que debe de facerse).
  • A presentación. O traballo debe entregarse en folios escritos por una soa cara e grapados, cun clip ou cunha carpetiña.Terá portada co título do traballo e o nome do alumno/a, apartados ben diferenciados coa súa bibliografía/webgrafía correspondente. As marxes son algo importante, ao igual que as fotografías que acompañen as expliacións.
  • A redación e as faltas de ortografía. lembra que un traballo en galego debe estar enteramente en galego, e que ante dúbidas na ortografía existen dicionarios online (recomendado opentrad universidade de Vigo ou o RAG). Tamén é importante a caligrafía, pois este traballo farase A MAN.
  • A puntualidade a hora da entrega. Entregalo fora de prazo será puntuado negativamente.

Déixovos algúns enlaces polos que podes comezar a vosa investigación, o que non quere dicir que sexan os únicos:

poesía galega_cantigas de fiada

Que son cantos de labor e exemplos de músicas

cantar do arrieiro por xubilados_podedes sacar a letra

outro cantar do arrieiro a capela

canto de seitura_música de Carlos Núñez

presentación no que se fai un recordo das distintas muiñadas que se cantaban en cadanseu muiño galego

muiñadas de fuxan os ventos

mulleres contando para a TVG a súa propia experiencia nas muiñadas

Estos son tan so algunos exemplos para comezar. Agora o traballo é voso.

Facédeo ameno e velo como unha boa oportunidade para profundizar na nosa tradición e coñecer un pouquiño mellor o noso país, Galiza.

A data límite para entregar este traballo será o venres 24 de febreiro. Tendes tempo, así que esperamos que deades o mellor de vos e presentedes traballos estupendos.

 

Palabra do día na RAG

Para topar a palabra do día tendes que seguir a seguinte ruta:

  1. Poder RAG no buscador que empreguedes (Google, Safari,…)
  2. Nas pestañas de entiba a dereita primer sobre recursos
  3. Unha vez dentro de recursos na marte direita atopades a palabra do día.

Espero que vos sexa sinxelo.